-- Leo's gemini proxy

-- Connecting to eixos.xyz:1965...

-- Connected

-- Sending request

-- Meta line: 20 text/gemini;lang=gl-ES

LoRa (LOng RAnge)


 ┏┓┃┃┃┃┃┃━━━┓┃┃┃┃┓┏┓┏┓┃┃┃┃┃┃┃
 ┃┃┃┃┃┃┃┃┏━┓┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃
 ┃┃┃┃┃━━┓┗━┛┃━━┓┃┃┃┃┃┃━━┓┃━┓┃
 ┃┃┃┏┓┏┓┃┏┓┏┛┃┓┃┃┗┛┗┛┃┃┓┃┃┏┓┓
 ┃┗━┛┃┗┛┃┃┃┗┓┗┛┗┓┓┏┓┏┛┗┛┗┓┃┃┃
 ┗━━━┛━━┛┛┗━┛━━━┛┗┛┗┛┃━━━┛┛┗┛
 ┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃
 ┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃┃

Unha alternativa moi interesante para establecer sistemas de comunicación libres e autónomos é LoRa e LoRaWan.

Os dispositivos LoRa traballan nas frecuencias entre 863-870 MHz ou 433 MHz en Europa.

Pensadas inicialmente para pequenos dispositivos IOT, as suas características están a ser empregadas para crear nodos e redes de comunicación de baixo custo e mantemento.


O poder de LoRa


Algunhas características de Lora e LoRaWan son:


Largo alcance: Estes pequenos dispositivos poden comunicarse doadamente a 10km chegando aos 50KM ou máis en condicións óptimas e espazos abertos.

Baixísimos consumo de enerxía: Un nodo LoRa consume miliwatios e poden durar anos cunha batería ou ser alimentados cun pequeno panel solar.

Encriptación: LoRa permite a encriptación das comunicacións.

Baixa tasa de transferencia: A transferencia de datos dependendo das condicións pode variar entre os 0.3 kilobits por segundo (kbits/s) y 5.5 kbits/s. Suficiente para mensaxes de texto. Hai proxectos para comunicación por voz.

Baixo custo: Un nodo LoRa pode montarse por uns 30€.

Libre: O uso das frecuencias é libre e sen licencia.


Con estas características, libre, seguro, de baixo consumo e resiliente, hai que aproveitalo.


Proxectos interesantes:


CellSol


QMesh


/V\EshTasTic


Disaster.radio


Hai algúns máis e mesmo certas empresas están a crear redes empregando blockchain para os nodos.

Helium

Vaia que o LoRa tamén chama ao carto.


INICIO

-- Response ended

-- Page fetched on Sun May 19 01:56:17 2024