-- Leo's gemini proxy

-- Connecting to eixos.xyz:1965...

-- Connected

-- Sending request

-- Meta line: 20 text/gemini;lang=gl-ES

27 Mhz


Un sistema de comunicación libre, aberto e autónomo.



                                  .
     .              .   .'.     \   /
   \   /      .'. .' '.'   '  -=  o  =-
 -=  o  =-  .'   '              / | \
   / | \                          |
     |                            |   CB 27Mhz
     |                            |
     |


Os anos dourados da Banda Cidadá (CB)


Os anos 80 e 90 do século pasado foron os tempos dourados da radio CB na frecuencia de 27 Mhz.

Os seus 40 canais estaban cheos de xente e non era doado atopar sitio para falar.

Mais internet e as redes sociais do Big-Data fixeron que a comunicación por radio fose morrendo.

Pero non de todo.


Na actualidade, o mundo da radioafición está moi mermado. Quedan algúns nostálxicos dos vellos tempos e un poucos curiosos que se achegaron nestes tempos pandémicos.

Foi tan pouca a xente que permaneceu empregando a CB que mesmo a administración eliminou a licenza para operar. É LIBRE.


Auxe pandémico e alternativa postpandémica...


Coa chegada do confinamento, algunha xente empezou a sacar do faiado os seus vellos aparatos de CB.

Nese momento de crise, a radio, agora liberada, rexurde como unha alternativa de comunicación ás formas imperantes.

E tamén algúns curiosos viñemos a asomar o fuciño...


As características máis interesantes da CB son:


LIBRE: Pode usarse libremente e pode montarse unha instalación básica cunha emisora usada por 30-60€ e unha fonte de alimentación de 20€...

ABERTA(Hardware): Os modelos analóxicos usan compoñentes de electrónica sinxelos. Con certos coñecementos as emisoras son reparables e "hackeables".

ABERTA(Pública): Todo o mundo escoita a todo o mundo, polo que a comunicación é pública e comunitaria. A comunicación privada non é posible, pero sempre se pode argallar algo.

AUTÓNOMA: Unha emisora CB está preparada para funcionar conectada a unha batería de coche moitas horas. Sería sinxelo manter cargada unha batería con enerxía solar...

ALCANCE: Entre 20 e 50km en condicións normais dependendo da ubicación e da instalación da antena. Miles de Km en condicións favorables de propagación atmosférica...

LOCAL: A CB é esencialmente local e pode potenciar as relacións comunitarias.


Nos incertos tempos que corren co prezo da luz e os mares subindo, con fenómenos meteorolóxicos adversos, materias primas escasas e o que parece que nos espera, a CB pode ser unha alternativa de comunicación comunitaria que sempre tivo vocación de axuda. O canle 9 está reservada para axuda e situacións de emerxencia.

Existen diversas formas de tecer redes descentralizadas de radio e ampliar o alcance en caso necesario.


Unha antena anticrise


O máis importante dunha instalación de radio é a antena. Hai moitos modelos sinxelos que podes facer por moi pouco e que dan bos resultados.


Un dos máis coñecidos é o da antena T2LT. Faise con 10 ou 15 metros de cable coaxial e uns conectores de antena. Pode montarse nunha caña de pescar telescópica ou colgarse nalgún sitio do que dispoñamos. Árbore, balcón, terraza..


ANTENA T2Lt


Ideas peregrinas ;)


INICIO

-- Response ended

-- Page fetched on Sun May 19 00:51:42 2024